NORABOA AO ATLÉTICO NOVÁS

En nome de toda a Corporación do Concello do Rosal queremos agradecer ao ACANOR ATLÉTICO NOVÁS por apostar por un proxecto que nacía da ilusión e do interese dun equipo que xa partía como gañador para toda a afección do Rosal.

Quixera mostrar o meu máis sincero recoñecemento e felicitación, en primeiro lugar, a todos os xogadores, equipo técnico e directiva do ACANOR ATLÉTICO NOVÁS polo grande esforzo realizado e por dalo todo dentro e fóra do campo.

Pero tamén a unha afección que se entregou ao seu equipo, cunha deportividade e respecto que só saben facer as grandes afeccións.

Grazas e felicidades tamén aos patrocinadores por apoiar este proxecto e colaborar na difusión do mesmo, pois estamos seguros de que sen o apoio mostrado o éxito non sería completo.

Membros do clube, público, colaboradores, medios de comunicación e voluntariado, en nome da Corporación do Concello do Rosal e no meu propio, o noso máis sincero agradecemento.


Grazas a todos e todas por tinguir de vermello o noso pobo.
Grazas de corazón

O Rosal, 21 de maio de 2018

Alcaldesa

Mª Carmen Alonso Alonso