NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA NO ROSAL

Todas aquelas persoas que o desexen poden achegarse ao Concello e solicitar o seu composteiro de balde. Hai un número limitado polo que se seguirá un estricto orde de inscriciónA compostaxe doméstica é o proceso de descomposición biolóxica da materia orgánica xerada no fogar, como son os restos de comida e podas, obtendo un produto final, o compost, que pode ser empregado como acondicionador de solos en xardíns e hortas das vivendas que o elaboran.
A súa función é a de manter as condicións adecuadas de temperatura e humidade para a elaboración de compost, evitando ademais a entrada de pequenos animais (como roedores) que poden alterar o proceso.

Para facer compost precísanse os seguintes elementos:
Un espazo adecuado na horta ou xardín.
Un composteiro no que depositar os restos orgánicos
Residuos de cociña (restos de verduras, froitas, etc.).
Residuos do xardín (restos de poda, follas secas, céspede, etc.).
Un aireador (petisco, pas, etc.) para remover o compost.
Unha pa para recoller o abono obtido.
Auga para humedecer en caso necesario.

Este recipiente achega unha serie de vantaxes respecto da elaboración de abono directamente no solo:
Permite manter a zona limpa e recollida.
Acelera o proceso de compostaxe.
Evita os malos cheiros.
Facilita o control das condicións adecuadas de humidade, temperatura e osíxeno.
É de fácil montaxe e de sinxelo mantemento.

Toda a información ampliada sobre a compostaxe en www.compostaconsogama.gal