NOVAS CONCELLERÍAS E ASIGNACIÓN DE ÁMBITOS DE RESPONSABILIDADE NO CONCELLO DO ROSAL

O vindeiro martes 25 de xuño ás 21.00h. celebrarase o pleno organizativo no que se asignarán os ámbitos de responsabilidade no concello do Rosal.
Deste xeito quedarán conformadas as concellerías e tarefas propias de cada membro do equipo de goberno, do seguinte modo:

ALCALDÍA
Ánxela Fernández Callís
Xuntamente coa Alcaldía, asumirá as áreas de Economía e Facenda, Formación e Emprego, Comercio, Participación Cidadá, Comunicación e Transparencia e Novas Tecnoloxías.

TENENCIA DE ALCALDÍA
Sara Vicente  Salcidos
Dirixirá as áreas de Cultura, Medio Ambiente (Auga, lixo e compostaxe), Agricultura e Montes e Xuventude.

Germán Fernández Rodríguez
Asumirá ás áreas de Vías e Obras, Tráfico e Seguridade, Protección Civil e Deporte.

Estas delegacións abarcarán tanto as facultades de dirixilos servizos correspondentes, como a de xestionalos en xeral ca posibilidade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.

OUTRAS DELEGACIÓNS ESPECÍFICAS
Sabela Rodríguez Jardón                        Servizos Sociais, Igualdade e Muller
Roxelio Fernández Portela                     Urbanismo e Persoal
Carlos Villanueva Domínguez               Educación, Sanidade, Transporte e Patrimonio
Juan César Paredes Domínguez           Turismo

Estas delegacións comprenderán a dirección interna e a xestión dos servizos correspondentes, sen posibilidade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.