#AVeciñanzaConta – REUNIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL DO ROSAL COAS COMUNIDADES DE MONTES
O goberno municipal do Rosal retoma o programa #AVeciñanzaConta cunha reunión con todas as Comunidades de Montes do municipio. A alcaldesa, Ánxela Fernández, a Concelleira de Agricultura e Montes, Sara Vicente, a Concelleira Sabela Rodríguez e o Concelleiro Germán Fernández mantiveron unha reunión con membros das diretivas das Comunidades de Montes do Concello: San Xoán de Tabagón, San Miguel de Tabagón, As Eiras e do Rosal.