O ROSAL CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE
O Concello do Rosal quere celebrar este dia e comprometerse ainda máis. A primeira das actividades previstas é o REPARTO DE BOLSAS DE TEA no supermercado do Calvario e na Praza de Abastos para substituir as bolsas de plástico que tantos perxuízos ocasionan na natureza. A consigna da ONU para este ano 2018 é “Un planeta sen contaminación por plásticos”, polo que entre todos podemos colaborar neste sentido evitando o consumo excesivo deste material.