Novas

O Concello do Rosal pon en marcha este interesante PROGRAMA DE EMPREGO para persoas menores de 35 anos. Se estás interesado apura e inscríbete o antes posible para poder comezar a princios de setembro.

Hoxe reunímonos cos veciños e veciñas da Praza do Calvario para explicarlles os actos en relación a ocupación da praza con motivo da celebración da XXVII Feira do Viño do Rosal, e tamén escoitar as súas propostas para unha mellor organización para as vindeiras edicións.

Aberto o prazo de inscrición da Andaina Feira do Mirabel, que se celebrará o 4 de agosto de 2019, con saida ás 9:30 h desde o Mercado de San Miguel, a duración aproximada será de 2 horas, prezo de 5€ por persoa.

No día de hoxe a alcaldesa, Ánxela Fernández  Callís,  achegouse  ao domicilio de  DEOLINDA,  veciña  deste  concello para felicitala polos seus 100 anos. Parabéns

Buscar por categoría e data