RECIBIMENTO A UN EQUIPO CAMPIÓN
O vindeiro domingo 27 de maio ás 18.00h no balcón do concello recibimento a un equipo campión Acanor Atlético Novás
RECIBAMOS AOS HEROÉS DO ASCENSO
O vindeiro domingo 27 de maio ás 18.00h no balcón do concello recibimento a un equipo campión Acanor Atlético Novás
RECIBAMOS AOS HEROÉS DO ASCENSO
O Concello do Rosal abre o prazo de inscrición do “Campamento de verán” o vindeiro día 1 de xuño, organizado a través do Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar na tempada de verán. Poderán inscribirse en calquera dos campamentos por estricta orde de rexistro de entrada no concello dende o 1 de xuño
En nome de toda a Corporación do Concello do Rosal queremos agradecer ao ACANOR ATLÉTICO NOVÁS por apostar por un proxecto que nacía da ilusión e do interese dun equipo que xa partía como gañador para toda a afección do Rosal.
O pasado venres día 11 de maio visitou O Rosal, Perfecto Rodríguez Muiños, Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O motivo da visita foi coñecer de primeira man as demandas do colectivo da Escola Infantil Galiña Azul do Rosal, xa que esta é unha das que máis solicitudes de matrícula ten. En concreto, para o vindeiro curso 2018/2019 quedaron en lista de espera 60 nenos e nenas aproximadamente, do Rosal e a comarca.
Logo da reunión mantida na mañá do 10 de maio entre o Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, a Alcaldesa do Rosal, Mª Carmen Alonso Alonso e o inspector da zona Carlos Acuña no Edificio Administrativo de Vigo, pode adiantarse que no vindeiro curso académico 2019/2020, o CPI Suárez Marquier contará con servizo de comedor e aula matinal.
Unha nova incorporación súmase ao MERCADO LOCAL dos sábados. Gema cos seus lazos, coleteros e diademas, exporá as súas mercadorías todos os sábados no Calvario de 10.00 a 13.00 h. Xunto con ela coma sempre estarán:
O Concello do Rosal ven traballando intensamente dende hai anos en labores medioambientais, e pode dicirse que somos referentes na comarca en recollida selectiva de residuos, así como en compostaxe doméstica e concienciación cidadá con campañas de educación medioambiental (campañas porta a porta e nos centros educativos). Por iso estamos tremendamente afectados ao comprobar a falta de ética e responsabilidade de certos veciños/as, ben é certo que son casos aillados pero que ensombrecen a labor da administración e de toda a veciñanza que si está comprometida por manter un Rosal limpo e verde.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou o pasado luns O Rosal para ver os avances dos últimos traballos levados a cabo nos Muíños do Folón e do Picón, un dos preto de 700 Bens de Interese Cultural (BIC) que están catalogados no conxunto da Comunidade galega e onde se vén de mellorar a experiencia dos visitantes que se achegan a coñecer este recurso turístico.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou o pasado luns O Rosal para ver os avances dos últimos traballos levados a cabo nos Muíños do Folón e do Picón, un dos preto de 700 Bens de Interese Cultural (BIC) que están catalogados no conxunto da Comunidade galega e onde se vén de mellorar a experiencia dos visitantes que se achegan a coñecer este recurso turístico.