Novas

Todos os sábados, na Praza do Calvario de 10.00 - 13.00 ten lugar o Mercado Local de produtos do campo e artesanais. Unha decena de produtores locais  venden os seus produtos a prezos moi asequibles coa intención de incentivar e dar saída a froitas e hortalizas do excedente de casa.

O día 11 de xaneiro celebrouse o Día do Usuario/a das Bibliotecas, e o Concello do Rosal premiou cun diploma e un libro aos nosos mellores lectores no ano 2017. Categoría infantil: LOLA GÓMEZ CASTRO Categoría xuvenil: DIYAN VIDAL RODRÍGUEZ Categoría adulto: SILVIA MATOS PACHECO

O obxecto das presentes bases é proceder á selección con carácter de interinidade  dun/ha auxiliar administrativo/a para levar a cabo principalmente funcións de rexistro de documentos no Concello, atención e información ao público, xestións do Padrón

Prazo de solitudes sete días hábiles a partir do seguinte ó da publicación da presente convocatoria, ou do anuncio referente á mesma, no Boletín Oficial da Provincia. 

Os 67 Muíños do Folón e do Picón no Concello do Rosal serán, de novo, protagonistas dunha reportaxe na Televisión de Galicia. O programa "Galicia Viva", que se emite todos os días ás 19:00 horas, gravou este mércores 10 de xaneiro nas proximidades da nova Área de Recepción de Martín e nos primeiros muíños do Folón.

Buscar por categoría e data