Os días 14 e 22 de agosto, en Portecelo e San Xián respectivamente, o Concello do Rosal, acolléndose ao programa Cultura no Camiño, organiza dous días con espectáculos para todas as idades que combinan circo de rúa e música.
Hoxe ás 13:00 presentouse o XXI Trofeo Concello do Rosal, que se celebrará o 23 e 24 de agosto no Pavillón Municipal, así como as novas equipacións.
Nestes últimos días dous das asociacións máis importantes de atención social que traballan na zona, reuníronse coa alcaldesa do Rosal para intercambiar opinións sobre o seu traballo e os recursos existentes para a atención asistencial na nosa contorna.
Programación III Feira do Mirabel, que terá lugar no Mercado de San Miguel o vindeiro 4 de agosto durante todo o día.
Nos últimos días apareceron voluminosos, plásticos, varillas metálicas e outros lixos nas inmediacións dos contedores dalgúns barrios. A imaxe que isto provocaba era de total suciedade e abandono, ocasionando malestar entre os veciños e veciñas da zona.