Novas

O Día das Letras Galegas e un día especial para todos e todas, no cal destacamos a importancia da literatura no noso idioma, estando este ano adicado a Antorio Fraguas Fraguas. Nesta data, ademais de enxalzar á figura do escritor, ímos amosar a nosa arte a través da música, coas diferentes actividades que organiza a nosa agrupación. Todos os actos terán lugar na Praza do Calvario, que, en caso de chuvia, estará cuberta cunha carpa.

Onte e hoxe martes 14 de maio, leváronse a cabo unas xornadas de educación vial co alumnado de educación primaria. Máis de 180 alumnos e alumnas de entre 6 e 12 anos de idade recibiron formación teórica e práctica acorde á súa idade, impartida por persoal da Dirección Xeral de Tráfico.

Parabéns ao Acanor Atlético Novás polo resultado do partido da pasada fin de semana. Sen dúbida isto supón unha gran dose de entusiasmo para xogar á final a vindeira e última xornada en Ciudad Real.

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, actúa este domingo 12 de maio ás 19.00h no Auditorio Municipal, dentro dos concertos programados no marco do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2019

Hoxe deu comezo no Rosal o programa “Rumbo ao emprego”, un proxecto promovido polos Concellos de Oia e O Rosal dirixido a mellorar a inserción laboral de 20 persoas desempregadas.

Buscar por categoría e data