Novas

O Concello do Rosal, en colaboración coa Deputación de Pontevedra a través do  PROGRAMA TECENDO LAZOS organiza un OBRADOIRO GRATUITO DE XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS onde poden participar pais, nais, avoas e avós.  O obxectivo fundamental deste cursiño é organizar unha actividade que favoraza as relacións interxeneracionais de xeito que fillos, pais e avós participen conxuntamente na actividade.

Este domingo 1 de setembro ás 17.00 h disputouse a Trofeo Vila do Rosal entre o UD Ribera do Rosal e o GD Miño da Guarda, no campo Municipal da Mata. O partido tivo como resultado a victoria para o equipo local que presentou neste mesmo día as súas categorías nun acto que contou coa asistencia de numeroso público.
No derradeiro pleno ordinario, aprobouse por unanimidade, a proposta do grupo de goberno dos festivos locais para o vindeiro ano 2020, quedando constituidos como festivos locais o 25 de febreiro que é martes do entroido, e o 15 de maio que coincide con San Isidro.

Onte 22 de agosto tivo lugar ás 20.00 h. en San Xián a actuación Circanelo, espectáculo de circo, malabares e acrobacias. E ás 21.00 h. Pepe Vaamonde, trío de música tradicional que deleitou a máis de 150 persoas que se achegaron ao recinto de San Xián.

A Únidade Móbil de inspección técnica de CICLOMOTORES desplazarase ao Concello Do Rosal o vindeiro 12/09/2019 en horario habitual de atención de 9:00h a 13:00h e 15:15h a 18:00h .

Buscar por categoría e data