PRESENTACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA NAS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN MUNICIPAL DO ROSAL
Esta mañá tivo lugar a presentación das obras de mellora do Pavillón Municipal na que estiveron presentes Jose Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, Daniel Benavides Alonso, Xefe do Servizo Provincial de Deportes, a Alcaldesa do Rosal Ánxela Fernández Callís, o concelleiro de Deportes Germán Fernández Rodríguez, Mª del Carmen Alonso Alonso concelleira do PP do Rosal, e Andrés Senra e Rafael Vicente presidente e membro da directiva do clube Acanor Atl Novás.