Novas

Onte mantivemos unha reunión entre a Comunidade de Montes do Rosal, o equipo técnico redactor do proxecto encabezado pola arquitecta Maria Fandiño, a alcaldesa e os concelleiros responsables de área, co obxectivo de analizar o proxecto “A esplanada do Horizonte” gañador dos premios Galicia Parabéns 2019.

É un día para reflexionar sobre a nosa relación co medio, pero sobre todo para festexar todo o que nos aporta, xa que os bos hábitos non deben reducirse a hoxe, senón que debemos incorporalos no noso día a día.

Xa temos lista a estrutura básica para comezar o proceso de compostaxe comunitaria! Para explicar en detalle como é o proceso e resolver as posibles dúbidas o mestre composteiro organizará dúas reunións iniciais cos usuarios interesados neste sistema:
  • Luns 3 de Xuño, as 20:00 horas
  • Martes 4 de Xuño, as 12:00 horas

O Concello do Rosal organiza o Campamento de Verán co principal obxectivo de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre tras rematar o período lectivo. Esta actividade está subvencionada a cargo do Plan Concellos 2019 Liña 2 con 4.430€ da Deputación Provincial de Pontevedra.

CAMPAMENTODEVERAN2019 DESTINATARIOS/AS Nenos e nenas matriculados o curso 2018/2019 en educación infantil ou educación primaria que reúnan as seguintes circunstancias:

¡Comezou a instalación do centro de compostaxe comunitaria do Rosal! Con esta medida darase unha alternativa a moita xente que quere compostar os seus residuos orgánicos pero que non ten a posibilidade de instalar un composteiro individual no seu fogar.

Buscar por categoría e data