Novas

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, actúa este domingo 12 de maio ás 19.00h no Auditorio Municipal, dentro dos concertos programados no marco do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2019

Hoxe deu comezo no Rosal o programa “Rumbo ao emprego”, un proxecto promovido polos Concellos de Oia e O Rosal dirixido a mellorar a inserción laboral de 20 persoas desempregadas.

O centro de información dos muíños abrirá dende o xoves ata o domingo, en horario de 11:00 14:00 e de 16:00-19:00. Ademais de proporcionar información ós visitantes, o propio centro é un muíño rehabilitado no que se poderá observar todo o proceso de moenda. A previsión meteorolóxica indica que as chuvias amainarán a partir da mañá do venres, polo que esta fin de semana semella ser ideal para a súa visita.

Buscar por categoría e data