A Federación Galega de Motonáutica imparte no Rosal un curso para obter a licencia de navegación

Novo curso no Rosal para obter a licencia de navegación

A Federación Galega de Motonáutica impartirá esta formación o vindeiro 18 de outubro no Centro Social Polivalente

 

A Real Federación Galega de Motonáutica en colaboración co Concello do Rosal impartirá un novo curso para obter a licencia de navegación, a titulación que permite gobernar motos náuticas sen limitación de potencia e embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e unha potencia de motor axeitada segundo a empresa fabricante.

O curso impartirase o 18 de outubro no Centro Social Polivalente. As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información e inscribirse enviando un correo a rfg.motonautica@gmail.com ou chamando ao 986 222 440.