NOVO MURAL NO ROSAL NA ESTRADA DE PÍAS-CUMIEIRA

A colaboración entre DOCTORTOY e o Concello do Rosal continúa.
A aposta do concello por poñer en valor diferentes espazos do municipio, amplíase nesta ocasión a Pías-Cumieira.
O baixo da ponte do Vial no seu trancurso pola Estrada da Devesa en Pías loce unha nova apariencia despois do mural realizado por DoctorToy en colaboración con AnaUnga.
A Fonte do Ouro, é o último dos murais que locen nos espazos públicos da nosa vila. Esta fonte datada de 1901,  ainda da servizo aos vecinos e veciñas da zona.
Os murais da Rotonda da Feira, Pías, Parque do Calvario, Valdemiñotos coa colaboración de ACOR, e O Picón grazas á comunidade de veciños deste barrio, son espazos recuperados e postos en valor.
O proxecto de recuperación dos espazos máis representativos do Rosal continúa con máis iniciativas que en breve poderemos mostrar.
A arte sae á rúa para o desfrute de toda a poboación.