O 21 de febreiro e o 29 de setembro de 2023, festivos locais no Rosal

O 21 DE FEBREIRO E O 29 DE SETEMBRO DE 2023, FESTIVOS LOCAIS NO ROSAL

As datas aprobaranse en pleno este xoves 29 de setembro ás 20.30 horas

O 21 de febreiro e o 29 de setembro de 2023 serán días festivos no Rosal. Esta é a proposta que aprobará o pleno municipal na sesión celebrada este xoves ás 20.30 horas na Casa Consistorial na que, entre outros asuntos, abordarase os dous días de festa que o Concello ten dereito a marcar cada ano.

Deste xeito, o martes de Entroido, que o vindeiro ano coincide co 21 de febreiro, volverá a marcarse en vermello no calendario local como ven sendo tradicional para os rosaleiros e rosaleiras. Por outra banda, o Goberno municipal tamén declarará festivo o venres 29 de setembro de 2023, coincidindo coa festividade de San Miguel, para recoñecer así tamén unha data especial para esta parroquia que levaba moitos anos sen ser festividade local.