¡¡ O ATLETISMO NO ROSAL ESTA DE NORABOA !!

ARIANA GONZÁLEZ VERDE ACADOU O BRONCE NA CATEGORÍA SENIOR ABSOLUTA FEMENINA CUNHA MARCA DE 5´30´´.
Varios atletas da Sociedade Atlética do Trega da que forma parte Ariana desprazáronse  ao concello de Pino para desputar o campeonato de Galicia de Milla e 1 km en Ruta, no que a rosaleira acadou unha medalla de bronce.
Dende o concello queremos felicitar á nosa atleta polos seus logros deportivos, e a todos os seus compañeiros polas boas clasificacións obtidas