O Concello do Rosal mellora os seus servizos coa adquisición de nova maquinaria destinada ao desbroce de camiños

Este equipamento supón unha mellora importante para o mantemento da localidade

 O Concello do Rosal segue facendo esforzos para mellorar nos servizos e nas infraestruturas, con novas dotacións e nova maquinaria.

Nesta ocasión, o equipamento obtido está formado por un tractor desbrozador e catro desbrozadoras manuais, que teñen como obxectivo mellorar as actividades de vías e obras do concello, aumentando así a eficiencia e dando unha resposta mellor a cuestións como o mantemento das diferentes áreas colectivas, afectando favorablemente a toda a veciñanza.

O orzamento destinado á obtención desta maquinaria foi de 18125’80€, e respondeu ao esforzo realizado polo Concello xunto coa Deputación de Pontevedra, dentro do plan + Provincia 2024.

Este acto responde á importancia que ten actuar de xeito colectivo cara a convivencia nos espazos comúns como poden ser as zonas de baño, as estradas, os parques ou as áreas de lecer.  Afectando moi positivamente a toda a veciñanza e amosando a intención do Concello en seguir mellorando nesta dirección.