05 Set 2018 O CONCELLO DO ROSAL RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE 15947.33€ PARA FINANCIAR GASTO CORRENTE CON CARGO AO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN
Posted at 11:08h
in Sen categoría
A Deputación de Pontevedra concede ao Concello do Rosal unha subvención de 15947.33€ ao abeiro do Plan Concellos 2018 para financiar partidas de gasto corrente. Os gastos subvencionados por este programa correspóndense con melloras de estradas, materiais para obras, etc.
Ademais de gasto corrente, a Deputación subvenciona tamén con cago a este plan outros proxectos cun importe total de 383875.95€ para melloras no auditorio municipal, novos espazos recreativos no parque de Pías, melloras no sendeiro de pescadores, punto de recarga de vehículos eléctricos na área de recepción dos Muíños do Folón, equipamento informático, mobiliario para edificios municipais.