01 Xul 2017 O CONCELLO DO ROSAL RECIBE UNHA SUBVENCIÓN DE 56953,30€.PARA FINANCIAR GASTO CORRENTE CON CARGO AO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN
A Deputación de Pontevedra concede ao Concello do Rosal unha subvención de 56953.30€ ao abeiro do Plan Concellos 2017 para financiar partidas de gasto corrente.Os gastos subvencionados por este programa correspóndense con melloras de estradas, materiales para obras, etc.
Ademáis de gasto corrente, a Deputación subvenciona tamén con cargo a este Plan outros proxectos cun importe total de 350026,12€ para melloras nas estradas de Couselo e Devesa, compra de terrenos, a adquisición dun vehículo para o servizo de obras, melloras no abastecemento de augas, adquisición de equipamento para os diferentes servizos do Concello.
Na liña 2 tamén se subvencionaron as seguintes actividades: Festa do Cabaqueiro, Feira do Viño, Mostra da Camelia e Festa do Pilar por importe total de 26500€.