06 Feb 2020 O CONCELLO SOLICITA 10 NOVAS CONTRATACIÓNS AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS 2020 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
As persoas aspirantes deben estar empadroadas no Rosal e inscritas na Oficina de Emprego de Tui
Será para os postos de oficial albanel (3), oficial electricista (1), recollida de lixo e limpeza viaria (4), condutor/a-operador/a de maquinaria forestal con motor (1) e un auxiliar domiciliario (1)
O Concello do Rosal solicita 10 novas contratacións ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para o ano 2020 ao abeiro da liña 3 destinada ao emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. Todas as contratacións serán a xornada completa e terán unha duración que oscilará entre os seis e os nove meses, dependendo do posto ocupado.
Así, contrataranse a tres persoas para o posto de oficial albanel, unha persoa para o de oficial electricista, outras catro persoas que se dedicarán ao recollido de lixo e limpeza viaria, unha persoa para condutor/a-operario/a de maquinaria forestal con motor en xeral e outra persoas para a ocupación de auxiliar domiciliario.
As persoas aspirantes a calquera destes postos deben estar empadroadas no Rosal e estar inscritos como demandantes de emprego non ocupados e dispoñibles na Oficina de Emprego de Tui, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.
CNO/NIVEL PROFESIONAL (CATEGORIA) – OCUPACIÓN
- 71211015/50 – 3 OFICIAIS ALBANEIS (2 nove meses e 1 oito meses).
- 75101033/40/50/60 – 1 OFICIAL ELECTRICISTA (oito meses).
- 94411010/00 – 4 MOZOS DE RECOLLIDA DE LIXO E LIMPEZA VIARIA (nove meses).
- 83221013/00 – 1 CONDUCTOR-OPERADOR DE MAQUINARIA FORESTAL CON MOTOR, EN XERAL (seis meses).
- 57101013/70 – 1 AUXILIAR DOMICILIARIO (oito meses).