O CUARTETO CARAMUXO ACTUA HOXE NO ROSAL NO MARCO DO IV ROSAL CÁMARA FEST

O concerto do cuarteto de clarinetes actuará ás 22 horas na Praza do Calvario

Continúa a programación da cuarta edición do Rosal Cámara Fest deste verán, desta volta co concerto de Caramuxo, un cuarteto de clarinetes que deleitarán ao público cun repertorio de música tradicional adaptada a este instrumento.

O concerto terá lugar hoxe, 3 de agosto, na Praza do Calvario a partir das 22 horas. É un evento aberto ao público e a entrada é de balde.

Despois de tres exitosas edicións, este ano o Rosal Cámara Fest, organizado pola Agrupación Musical do Rosal, coa colaboración do Concello, propón un ambicioso programa, que inclúe o concerto de Cuarteto Caramuxo, o Festival de Músicos Xoves e o Encontro de Corais durante esta fin de semana, e un concerto de feche do festival con Camerata Arven.