04 Ago 2023 O FESTIVAL DE MÚSICOS XOVES E O ENCONTRO DE CORAIS, PROTAGONISTAS DA FIN DE SEMANA NO ROSAL
Tres bandas de música e tres corais procedentes de diferentes puntos de Galicia danse cita nestes dous concertos
O Festival de Músicos Xoves chega á súa edición número 32, e faino xuntando na Praza do Calvario, este sábado a partir das 20.30 horas, a tres bandas de música de enorme calidade: a Banda Escola de Música de Rianxo, a Banda de Música de Vilatuxe e a Agrupación Musical do Rosal.
Pola súa banda, o XXXII Encontro de Corais celebrarase este domingo , 6 de agosto, na Igrexa de Santa Mariña ás 20 horas, e nel participarán a Coral Polifónica de Tomiño, a Coral S. Martín de Meirás, de Sada, e mais o Coro Agrupación Musical do Rosal.
Ambas actividades, abertas ao público e de balde, realízanse no marco do IV Rosal Cámara Fest, que se celebra desde o 20 de xullo e ata o 8 de agosto. O concerto de peche será o próximo martes con Camerata Arven na Igrexa de Santa Mariña