
17 Ago 2023 O PIANISTA SERGIO DE MIGUEL CHEGA ESTE SÁBADO AO ROSAL CO SEU CUARTETO DE JAZZ
O concerto de ‘Que de que’, previsto para este venres, adíase ata o venres 1 de setembro, a causa da previsión de chuvia
Sergio de Miguel Cuarteto chega ao Rosal este sábado, 19 de agosto, ás 21 horas, para ofrecer un concerto de jazz na Abadía de Eiras. Este concerto enmárcase no programa de verán de Cultura polos Barrios.
O pianista vigués, Sergio de Miguel, é un dos grandes talentos mozos do panorama musical galego actual. Formado nunha das escolas de jazz máis prestixiosas do mundo, a estadounidense Berklee College of Music, recibiu premios como o Yamaha Young Performing Artist ou o Premio Martín Códax da Música como Artista Emerxente.
No concerto deste sábado, estará tocando pezas do seu último disco, Atlántica, no que fusiona a música tradicional galega con flamenco, jazz, e música clásica e contemporánea.
Pola súa banda, o concerto de ‘Que de que’, previsto para este venres en San Vicente de Marzán, será aprazado ata o 1 de setembro, ás 21 horas, a causa da previsión meteorolóxica. ‘Que de que’ é un experimentado grupo de rock do Rosal, liderado por Roberto Caco, que ofrecerá un repertorio de versións de cancións pop e rock do anos 70 e 80.