O Rosal achégase ao revolucionario mundo dos probióticos da man da doutora Olalla Otero

O ROSAL ACHÉGASE AO REVOLUCIONARIO MUNDO DOS PROBIÓTICOS DA MAN DA DOUTORA OLALLA OTERO

A bióloga viguesa presentará o seu libro este venres 21 de outubro ás 20.00 horas no Centro Social Polivalente

O Rosal achégase ao revolucionario mundo dos probióticos da man da doutora Olalla OteroA microbiota é un conxunto de microorganismos que viven dentro do corpo e realizan funcións decisivas para a saúde. Pero, aínda que moitas persoas coñecen a súa existencia, así como a dos probióticos e prebióticos, realmente pouca xente sabe como funcionan. Para afondar nestas cuestións dun xeito sinxelo, directo e sen necesidade de ser un experto ou experta, a doutora Olalla Otero chega esta fin de semana ao Centro Social Polivalente do Rosal, onde presentará o seu último libro ‘El revolucionario mundo de los probioóticos’.

Con este libro, a bióloga viguesa arroxa luz sobre un tema moi de moda baseándose en centos de estudos científicos, explicando de xeito claro a importancia de ter unha microbiota equilibrada e achegando unha guía sobre as cepas de distintos probióticos e os seus efectos en multitude de patoloxías. Unha obra que guía ao lector e lectora polos últimos descubrimentos sobre estes microorganismos e que traza a conexión entre eles e órganos como o cerebro, a pel ou a boca e mesmo co sistema inmunolóxico.

Nunha sesión ás 20.00 horas de balde con acceso libre ata completar aforo, esta investigadora durante moitos anos en Biomarcadores Moleculares e experta en seguridade alimentaria achegará ao público distintos patoloxías e casos clínicos expostos con sinxeleza e humor.