O Rosal acolle o XVI Encontro Galaico-Portugués de Asociacións de Espondilite

O Rosal acolle o XVI Encontro Galaico-Portugués de Asociacións de Espondilite

A Asociación Viguesa de Espondilíticos de Pontevedra organiza en colaboración co Concello unha xornada de intercambio e formación sobre a espondilite anquilosante

O Rosal acolle o XVI Encontro Galaico-Portugués de Asociacións de EspondiliteO auditorio municipal do Rosal será o escenario do XVI Encontro Galaico-Portugués de Asociacións de Espondilite, un encontro organizado pola Asociación Viguesa de Espondilíticos de Pontevedra (AVIDEPO) en colaboración co Concello e que contará coa asistencia dunha ampla representación da Associação Nacional da Espondilite Anquilosante (ANEA) de Portugal.

A xornada dará comezo ás 10.30 horas coa actuación da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, que dará paso a tres relatorios médicos a cargo de destacados e destacadas especialistas en espondilite anquilosante. A reumatóloga Anita Cunha, o reumatólogo Norberto Gómez e o ortopedista Luís Fabião ofrecerán interesantes intervencións sobre esta enfermidade reumática inflamatoria e crónica que afecta principalmente ás articulacións da columna vertebral, que tenden a soldarse provocando unha limitación significativa de mobilidade.  

O encontro busca proporcionar un espazo de aprendizaxe e intercambio de experiencias para todas as persoas afectadas por esta enfermidade, así como promover a cooperación entre as asociacións galegas e portuguesas dedicadas ao apoio das e dos doentes de espondilite.