O Rosal adía o desfile de Entroido por mor do mal tempo

O Concello informará da nova data de celebración tras consensuala con comparsas e participantes

O Rosal adía o desfile de Entroido por mor do mal tempoAs malas previsións meteorolóxicas para os vindeiros días, nos que se prevén importantes choivas, obrigan ao Rosal a adiar de novo o desfile de entroido previsto para este domingo 25 de febreiro. O Concello informará da nova data de celebración tras consensuala coas comparas e resto de participantes. Esta edición, preto dunha vintena de comparsas, carrozas, grupos e disfraces individuais xuvenil-adulto están inscritos para participar no tradicional desfile de entroido.

Como sinala a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, o Concello adoptou esta medida “para que todas e todos podamos desfrutar do entroido coa ledicia propia destas datas, cunhas condicións meteorolóxicas que nos permitas gozar das verdadeiras obras de arte que preparan cada ano con mimo as e os participantes”.