25 Out 2023 O ROSAL AVANZA CARA Á CREACIÓN DUNHA MESA MUNICIPAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O Rosal, 25 de outubro de 2023.- A Secretaría Xeral de Igualdade ven de celebrar no concello de O Rosal unha serie de formacións específicas ao persoal para a creación da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.
Unha mesa local de coordinación interinstitucional é un instrumento operativo no que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirecta- mente, na loita contra a violencia de xénero, co obxecto de procurar unha maior eficiencia da resposta ante a grave vulneración de dereitos que supón a violencia de xénero. O obxectivo xeral da MLC é promover, no ámbito municipal, políticas e actuacións para a erradicación da violencia de xénero.
A implicación de todos os servizos e persoas implicadas é fundamental nesta ferramenta, de tal xeito que ademáis da alcaldía, a concellería competente na materia e o persoal técnico en materia de violencia de xénero, forman parte da mesa a policía local, outras forzas e corpos de seguridade do estado, os centros educativos, os servizos sanitarios, os servizos sociais e outros axentes de ámbito xurídico, laboral, etc.
Este é un paso máis no traballo do concello en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero. “A loita contra a violencia de xénero non permite pausas. Temos que traballar arreo dende as institucións e como sociedade para seguir dando pasos que permitan que nun futuro, o máis cercano posible, erradiquemos para sempre esta lacra da nosa sociedade” declara Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal.
Nas xornadas celebradas déronse pasos para concretar as diferentes necesidades, de cara á creación desta mesa local no ano 2024.