O Rosal celebra a súa tradicional Festa do Outono do Pilar con música, exposicións, maxia e a II Feira de Produtos

O ROSAL CELEBRA A SÚA TRADICIONAL FESTA DO OUTONO DO PILAR CON MÚSICA, EXPOSICIÓNS, MAXIA E A II FEIRA DE PRODUTOS

Será os días 11 e 12 de novembro na Praza do Calvario

O Rosal continúa este mes de outubro cunha programación especial, a súa tradicional Festa do Outono do Pilar, que se celebrará os días 11 e 12 de outubro na Praza do Calvario cunha morea de actividades para todos os públicos. Rosaleiros e rosaleiras poderán gozar durante estes dous días de música, exposicións, maxia, o Memorial Irmáns Flores e a segunda edición da Feira de Produtos do Rosal.

O Rosal celebra a súa tradicional Festa do Outono do Pilar con música, exposicións, maxia e a II Feira de ProdutosA programación arrancará o día 11 a partir das 19.30 horas coa segunda edición dos Cantos de Taberna, organizados pola Asociación Xente Xida. Xa ás 22.00 horas o público poderá desfrutar do concerto do grupo Os Revenidos. Na sala de exposicións do Concello poderña visitarse a exposición do alumnado do obradoiro de pintura de Águeda Suárez e as tallas en madeira de Rafael Dorado.

O xoves 12 abrirá as súas portas a segunda edición da Feira de Produtos do Rosal, na que durante todo o día o público asistente poderá ver, degustar e mesmo mercar diferentes produtos como viño, mel, cervexa, polbo… A banda da Agrupación Musical do Rosal estará tamén na Praza do Calvario para acompañar á procesión e amenizar a mañá.

Xa pola tarde o público familiar poderá gozar coa actuación do Mago Teto ás 17.00 horas. O broche de ouro da xornada chegará cos actos do III Memorial Irmán Flores a partir das 19.00 horas, no que se homenaxeará aos músicos rosaleiros coa participación de Campantes de Baña, da Murga A Buxaina e do grupo rosaleiro Lirolai.

Este ano, debido a problemas de saúde dalgún dos cabaqueiros participantes, a tradicional demostración dos traballos da tella non terá lugar o día 12, senón que se traslada para o vindeiro domingo 5 de novembro, encadrado nunha nova edición das Xornadas de Patrimonio.