29 Xul 2019 O ROSAL CONTARÁ CUN NOVO VEHÍCULO PARA O CORPO DE POLICÍA LOCAL
O pasado venres a directora xeral de Administración Local da Xunta, Marta Fernández-Tapias, e a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, asinarón un convenio para a adquisición dun vehículo para o corpo de Policía Local do Concello do Rosal que se destinará fundamentalmente a tarefas ambientais.
O convenio recolle un investimento de 35.000 euros para adquirir un vehículo que permita reforzar as tarefas de protección ambiental que realiza a policía local, tales como control de verteduras, permiso de queimas, ou vixilancia de mananciais ou traídas de augas.
Actualmente, o corpo de Policía Local -que o concello vén de ampliar- conta cun só vehículo, que non permite circular por camiños rurais ou pistas forestais. De aí a necesidade a urxente de adquirir este novo vehículo.