O Rosal presenta a Feira do Viño máis dinámica, sostible e segura, un evento que promete xerar comunidade e combinar tradición, gastronomía e cultura

O Rosal inaugura a Feira do Viño máis dinámica, sostible e segura o venres 18 ás 13:30 na Praza do Calvario

Do 18 ao 20 de xullo, a Praza do Calvario acollerá este evento que se presenta cun programa espectacular de actividades, co viño como fío condutor

O Rosal xa conta as horas para o inicio da XXXIII edición da súa Feira do Viño. Trátase dunha cita que enche de vida, cultura e sabor o centro do pobo. Este venres 18 de xullo, ás 13:30 horas, terá lugar o acto institucional de apertura, no que estarán presentes a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, Carlos Gómez Davila, presidente da Confraría de Cabaqueiros do Rosal, e un convidado de excepción: Ziyang Zhang, asesor vitivinícola da Embaixada de China en España, que exercerá como pregoeiro da feira.

Será o punto de partida para un programa de actividades espectacular e pensado para todos os públicos, no que o viño voltará a ser o fío condutor. A música terá un papel protagonista, con concertos, pasarrúas e sesión vermús da man de agrupacións e artistas como La Patrulla, Os Bregadiers, Meigallo ou Batucada Lenha Verde ente moitos outros. A esta paixón polas melodías tamén poderá sumarse o público máis novo, xa que se celebrarán espectáculos familiares con mestura de música e teatro, como O tranvía Leonardo ou Pepiña e Maruxiña queren voar. Todo co obxectivo de converter esta feira nunha festa compartida entre xeracións.

Por outra banda, este evento busca ser tamén un foro de aprendizaxe, descubrimento e participación. Con este marco de fondo chegarán propostas como as catas comentadas,  guiadas por expertos de prestixio como o propio Ziyang Zhang e o recoñecido especialista Jorge Vila DipWSET, que ofrecerán unha experiencia didáctica e sensorial arredor dos viños do Rosal. Neste aspecto, tamén o público infantil terá o seu espazo, como amosa o feito de que as inscricións para O obradoiro de cociña infantil, a cargo do chef Isaac Míguez, xa estean completas.

Para rematar co programa, resulta importante salientar a consolidación dunha das actividades máis celebradas polos asistentes o ano pasado na feira: o Escape Room, co nome de “Segredos entre barricas”. Cunha versión renovada e mellorada, trátase dunha proposta lúdica e colaborativa pensada para familias e grupos de amigos. Para participar nesta e noutras actividades que teñen necesidade de inscrición previa, hai que acceder á seguinte ligazón: qrco.de/bg6GKY

Ademais de ser unha festa que mestura perfectamente cultura e tradición, a Feira do Viño do Rosal é unha mostra máis da decidida aposta do goberno local e da veciñanza rosaleira pola sostibilidade e o coidado do medio ambiente. Varias son as iniciativas que se desenvolverán para acreditar á Feira como Festa de Interese Sostible. Entre elas, aos cataviños habituais, sumaránselle os vasos reutilizables para o resto de bebidas e novos puntos de auga.

 A Feira do viño tamén será a máis segura da historia, cun amplo dispositivo de seguridade e cun incremento da frecuencia horaria do transporte colectivo, con servizos especiais de autobús tanto dentro do propio municipio como desde outros puntos da comarca, para facilitar a participación sen necesidade de empregar o coche.

A XXXIII Feira do Viño do Rosal promete ser, unha vez máis, un encontro irrepetible entre tradición e innovación, entre natureza e cultura, entre veciñanza e visitantes. O Rosal convida a brindar, a celebrar e a vivir intensamente unha fin de semana que deixará pegada.

 

PROGRAMA 18 | 19 | 20 xullo

VENRES 18 de xullo

11.30 h  Cata comentada de viños do Rosal a cargo de Ziyang Zhang (inscrición previa)

13.30 h Inauguración e pregón da feira a cargo de  Ziyang Zhang (director da Guía Peñín en China) e apertura de casetas.

18.30 h Presentación e inicio do escape room Segredos entre barricas

23.30 h Concerto: La Patrulla

02.00 h Peche da feira

SÁBADO 19 de xullo

11.30 h Apertura das casetas

12.30 h Cata para público xeral a cargo de Jorge Vila (Galicia Wine Academy): Aprendendo a catar cos viños do Rosal. As 4 claves para catar un viño (inscrición previa)

13.30 h Concerto: Os Bregadiers

19.00 h Espectáculo infantil/familiar: O tranvía Leonardo

20.00 h Pasarrúas: Batucada Lenha Verde

23.30 h Concerto: Meigallo

02.00 h Peche da feira

DOMINGO 20 de xullo

11.00 h Visita guiada ao retablo da igrexa de Santa Mariña e Museo do Cabaqueiro

11.30 h Apertura das casetas

12.00 h Obradoiro de cociña infantil a cargo de Isaac Míguez (inscrición previa)

12.30 h Cata para público xeral a cargo de Jorge Vila (Galicia Wine Academy): Aprendendo a catar cos viños do Rosal. As 4 claves para catar un viño (inscrición previa)

12.30 h Pasarrúas: Grupo de Gaitas Airiños do Folón

13.30 h Concerto: Famous Corner

18.30 h Espectáculo infantil/familiar: Pepiña Maruxiña quere voar

20.00 h Concerto: Andhrea and the Black Cats

00.00 h Peche da feira

EXPOSICIÓNS

Do 18 ao 20 de xullo:

SALA DE EXPOSICIÓNS DO CONCELLO DO ROSAL

De 11.00 a 14.00 h – 18.00 a 22.00 h

  • Exposición Debuxos do Rosal en tinta chinesa, de Berto Franco
  • Exposición  Arquitectura en poliexpan, de Ramón González
  • XXX Mostra Filatélica a cargo do Grupo Filatélico e Numismático Val do Rosal

MUSEO DO CABAQUEIRO :

De 11.30 a 14.00 h – 18.00 a 20.00 h

AUTOBUSES

Prezo: 2,5€ para as rutas circulares do Rosal

                      3€ para as circulares polo resto da comarca

CIRCULAR SAN XIAN O ROSAL

San Xian | Portecelo | A Guarda | Pancenteo

Marzán | Novás | Fornelos | O Calvario

CIRCULAR TUI TOMIÑO O ROSAL

Tui | Tomiño |Goián |As Eiras | Tabagón

San Miguel | Pías | A Cumieira | O Calvario

VENRES 18 de xullo

CIRCULAR SAN XIAN A GUARDA O ROSAL

Saída San Xian – O Rosal

21.00 h | 22.30 h | 0.00 h | 01.30 h

Saída O Rosal – San Xian

21.45 h | 23.15 h | 00.45 h | 02.15 h

CIRCULAR TUI TOMIÑO O ROSAL

Saída Tui-Tomiño-Goián -O Rosal

20.45 h | 22.15 h | 00.30 h

Saída O Rosal- Tomiño-Tui

21.30 h | 23.45 h | 01.15 h

SÁBADO 19 de xullo

CIRCULAR SAN XIAN O ROSAL

Saída San Xian- O Rosal

19.30 h | 20.15 h | 21.00 h | 21.30 h | 22.30 h | 00.00 h | 01.30 h

Saída O Rosal-San Xian

20.15 h | 21.45 h | 23.15 h | 00.45 h | 02.15 h | 2.45 h | 03.00 h | 03.15 h

CIRCULAR TUI TOMIÑO O ROSAL

Saída Tui-Tomiño- O Rosal

18.30 h | 20.45 h | 00.30 h

Saída O Rosal-Tomiño-Tui

20.00 h | 23.45 h | 01.15 h

DOMINGO 20 de xullo

CIRCULAR SAN XIAN O ROSAL

Saída San Xian- O Rosal

19.30 h | 20.30 h | 21.30 h

Saída O Rosal – San Xian

22.15 h | 23.00 h

CIRCULAR TUI-TOMIÑO-O ROSAL

Saída Tui-Tomiño- O Rosal

19.00 h

Saída O Rosal- Tomiño-Tui

22.30 h

ADEGAS PARTICIPANTES

Adegas Valmiñor

Adegas Novás

Altos de Torona

Lagar de Pedregales

Lagar de Fornelos

O Aforado

Quinta de Couselo

Santiago Ruiz

Terras Gauda

Conservas A Rosaleira