O Rosal iniciará en breve a segunda fase das obras da estrada entre Tabagón, As Eiras e Goián

O ROSAL OBTÉN 500.000 EUROS DE FONDOS EUROPEOS PARA A SEGUNDA FASE DAS OBRAS DA ESTRADA ENTRE TABAGÓN, AS EIRAS E GOIÁN

Actuarase nun tramo de 1,8 quilómetros 

A Deputación de Pontevedra vén de anunciar que O Rosal conseguíu unha nova axuda de fondos europeos do programa DUS5000, xestionada a través do Instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético (IDAE), 500.000 euros para a segunda fase das obras na estrada EP-3303 que une Tabagón, As Eiras e Goián que se suma á xa recibida para as actuacións no primeiro tramo desta estrada.

A través detes traballos actuarase nun tramo de 1,8 quilómetros cos que se completarán as obras realizadas nun primeiro tramo de 1,7 quilómetros. En concreto, na zona da Igrexa de San Bartolomeu de Eiras haberá unha zona de convivencia sobreelevada con prioridade peonil, mentres que no resto do ámbito de actuación deseñarase unha senda peonil na marxe dereita da estrada de ancho mínimo de 2,5m. Tamén se renovarán as capas de rodaxe e de pavimento de formigón con bandas de pedra na zona de convivencia, e instalaranse redutores de velocidade e pasos sobreelevados ademais da rede soterrada de recollida de pluviais e alumeado.