12 Ago 2024 O Rosal pecha unha semana de película tras unha exitosa Mostra de Cinema
Tras máis de 750 inscricións, a semana pasada presentáronse na localidade as curtas finalistas
O Rosal viviu unha semana inesquecible coa celebración da IV Mostra de Cinema. Un encontro no que ademais desta disciplina non faltaron a música, a fotografía ou o deseño.
Tras recibir máis de 750 inscricións, a semana pasada tiveron lugar na Praza do Maio de San Xoán de Tabagón varias xornadas de proxección de curtas na que os rosaleiros e rosaleiras tiveron a oportunidade de desfrutar do talento dos seleccionados.
Esta cita deu comezo o día 7 coa actuación musical do dúo Two in the Mirror, que deu paso a uns días cargados de cine, organizados pola Asociación Ghorghalado da man do Concello do Rosal.
O domingo 11 tivo lugar nos xardíns do Concello do Rosal a entrega de premios, que abriu coa actuación de Bieitosolo,
“Our Males and females”, de Ahmad Alyaseer foi a cinta seleccionada polo xurado como a merecedora do premio á mellor curtametraxe. Ademais, foi galardoada tamén co premio á mellor fotografía.
“Antes de que se poña o sol”, de Nani Matos, foi a elixida polo público como merecedora do premio á mellor curtametraxe.
O premio ao mellor guión foi para “La Masía”, de Víctor Català e a mellor interpretación recaiu en Paula Moreta , tamén da curta “La Masía”.
Os premiados recibiron unha peza tallada en pedra por un artista de Ponte de Lima, Jmt Teixeira Teixeira e unha dotación económica.
Ademais, ata o vindeiro día 18, seguirá presente no salón de exposicións do Concello do Rosal unha mostra de balde que reúne fotografía, cinema e diseño gráfico, encadradada dentro das actividades paralelas da Mostra.
Fotografías de Luis Dorado