OBRADOIRO DE XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS – DEPUTACION DE PONTEVEDRA

O Concello do Rosal, en colaboración coa Deputación de Pontevedra a través do  PROGRAMA TECENDO LAZOS organiza un OBRADOIRO GRATUITO DE XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS onde poden participar pais, nais, avoas e avós.  O obxectivo fundamental deste cursiño é organizar unha actividade que favoraza as relacións interxeneracionais de xeito que fillos, pais e avós participen conxuntamente na actividade.

A duración do mesmo é de 16 horas, das cales 12 horas son específicas e 4 horas pertencen a un módulo obrigatorio denominado “Historia  do  meu  Concello” de 4 horas de duración. Realizarase os venres de 16.00 a 18.20 no Centro Social Polivalente dende o 11 de outubro ata o 29 de novembro.

No curso poderán participar persoas de todas as idades.  As nenas e nenos de menos de 12 anos deberán acudir  siempres acompañados dunha persoa adulta. Se a idade dos nenos/ as están comprendidas entre os 12 e 17 anos poderán participar se achegan o consentimento do pai, nai ou titor legal.

Tamén poderán ser beneficiarias do obradoiro persoas doutros concellos, sempre que presenten a correspondente solicitude no rexistro do concello e se as prazas non fose cubertas polas persoas do Rosal.

A solicitude será cuberta cos nome e apelidos, dni, data nacemento e enderezo. Ademais deberase entregar a fotocopia do dni, volante de empadroamento e autorización dos pais no caso de ser preciso.