OBRADOIRO DE XOGOS E XOGUETES TRADICIONAIS

O Concello do Rosal pon en marcha este obradoiro gratuito en colaboración coa Diputación de Pontevedra e dirixido a nenos, avós e avoas, pais e nais, tíos e tías……a partir dos 6 anos.
Os participantes realizarán unha posta en común dos xogos de patio e tradicionais máis utilizados na súa época, tanto nas xeracións mais maiores coma nos máis cativos. Con posterioridade a esta recompilación traballarase por grupos en cada un dos xogos de patio e elaboraranse xoguetes dos xogos tradicionais.
Inscricións no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal os martes, mércores e xoves. Para inscribirse é necesario o DNI dos participantes.