OS FABULOSOS CLEANERS

Os fabulosos Cleaners, espectáculo visual de burbullas de xabón, o vindeiro 3 de decembro ás 18.00h no Auditorio Municipal do Rosal

Sinopse: Dous expertos operarios da limpeza, descobren por casualidade as posibilidades que poden dar as súas ferramentas de traballo, combiadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas de xabón.O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor… pequeñas, grandes, estáticas ou voando polo escenario.
O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor.

Dirección: Marcos Orsi e Luis Bevía
Elenco: Xoque Carbajal e Josue García
Clasificada: Todos os públicos
Recomendada: A partir de 3 anos
Duración: 60 minutos

Entrada de Balde