27 Ago 2019 OS PLENOS ORDINARIOS NO ROSAL CAMBIAN DE DÍA CO NOVO GOBERNO
Posted at 08:37h
in Sen categoría
Os plenos ordinarios no Concello do Rosal que se viñan celebrando desde fai anos os sábados pola mañá cedo, cambian de día e de hora. Celebraranse o último xoves dos meses impares ás 20.30 h.
O obxectivo do grupo de goberno, segundo expresa a alcaldesa, “é fomentar e facilitar unha maior asistencia e participación de toda a veciñanza que así o desexe”.
Esta decisión foi tomada co apoio unánime de toda a corporación.