PARABÉN AO ALUMNADO DA ESCOLA DE MÚSICA DO ROSAL E MOITA SORTE ÁS ALUMNAS NAS SÚAS PROBAS DE ACCESO

Este pasado venres e sábado foron as audicións de fin de curso do alumnado da escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.
O domingo foi a actuación de Xiana Aldea González, Ania Pérez Justribó e Sabela Alonso Álvarez que esta semana realizarán as probas de acceso ao grao profesional de música nas disciplinas de saxo, piano e frauta respectivamente.
Pola súa parte Uxía Aldea González preséntase as probas de acceso a grao superior na na modalidade de frauta.
Desexámoslle a todas elas moita sorte nas súas probas de acceso.