O Rosal camiña pola natureza cunha nova andaina interpretativa pola Senda dos Pescadores
Nova cita con este ciclo de andainas posto en marcha polo Concello o sábado 25 para percorrer o Río Carballas. De balde ...
16 Abril, 2026O Rosal é rico en patrimonio material e inmaterial, por iso traballamos para a súa protección, difusión e fomento como un dos piares da nosa esencia e identidade.
Coa súa impoñente planta, a Igrexa de Santa Mariña preside a praza do Calvario. Un dos elementos arquitectónicos máis importante do Rosal e tamén un dos máis singulares por fusionar o seu aire barroco coa influencia americana da torre das campás.
No seu interior agocha verdadeiras obras de arte. Entre elas, destaca o retablo do altar maior, unha xoia do barroco cunha fonda pegada portuguesa. Tamén é de obrigada visita o coro da igrexa recuberto por un gran arco que sobresae sobre os frescos do martirio de Santa Mariña. Unha obra feita polo pintor guardés, Manuel Ángel.
As nosas accións encamíñanse a recuperar e conservar os nosos vestixios con proxectos como “Memoria Viva”, que procura salvagardar os bens intanxibles do Rosal a través daquelas veciñas e veciños que o viviron.
Nemesio Castro, o dono do último muíño activo do Folón e do Picón ou Marcola González, unha muller avanzada aos seus tempos que xa rachaba teitos de cristal, son dous dos exemplos deste proxecto que difunde e conserva a memoria que atesouran as persoas maiores do municipio.
Coñecementos sobre outros tempos, un oficio, unha tradición forman parte desta iniciativa plurianual de recuperación do noso.
Luns a venres
9:00-14:00
Concello do Rosal Praza do Calvario 1
36770 O Rosal
Pontevedra
+34 986 625 000
Fax: +34 986 626 034
Nova cita con este ciclo de andainas posto en marcha polo Concello o sábado 25 para percorrer o Río Carballas. De balde ...
16 Abril, 2026Concello e 15 rapaces e rapazas voluntarias poñen en marcha ‘De avoas a netas: nomeando O Rosal’, unha iniciativa interx...
30 Marzo, 2026Concello e a rapazada participante na iniciativa presentan este traballo de intercambio interxeracional e recuperación d...
25 Marzo, 2026