PLANTACIÓN DE ÁRBORES NOS MUIÑOS DO FOLÓN E PICÓN

O Concello do Rosal busca a persoas voluntarias que queiran colaborar na plantación de árbores autóctonas na zona dos muiños de Folón e Picón, durante este mes de xaneiro ou nos primeiros días de febreiro.Non se require gran esforzo físico para a tarefa, xa que son 60 carballos de pequeno tamaño. 30 unidades serán plantadas na marxe do Folón e outros 30 na zona do Picón.
Para recibir máis información ou anotarse á xornada poderase chamar ao teléfono do concello e dar os datos persoais e un número de teléfono de contacto.
Agradecemos de antemán a colaboración, e animamos a participar nesta xornada lúdica a todas aquelas persoas interesadas