PRESENTACIÓN DA FERIA DO VIÑO 2019

Hoxe ás 12.00 h no Lagar de Eiras tivo lugar a presentación da XXVII Feira do Viño do Rosal e a Confraría de Cabaqueiros do Viño do Rosal na que están enmarcadas prácticamente a totalidade de adegas da subzona O Rosal.
Nesta presentación interviron a Alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e Erinque Costas Rodriguez, Presidente da Asociación de Adegas do Rosal. Así mesmo, estiveron presentes a Concelleira de Cultura, Sara Vicente Salcidos, e representantes das diferentes adegas e participantes na feira deste ano, que terá lugar os días 12, 13 e 14 de xullo na Praza do Calvario.