22 Xuñ 2019 PRESENTACIÓN DO PROXECTO “ A ESPLANADA DO HORIZONTE”
Posted at 07:08h
in Sen categoría
Onte na escola unitaria de San Xián presentamos o proxecto gañador dos premios Galicia Parabéns 2019 “A Esplanada do Horizonte” aos veciños e veciñas de Portecelo e San Xián.
No encontro coa veciñanza interviron a alcaldesa, Ánxela Fernández, e a arquitecta Rosaleira redatora do proxecto, María Fandiño, que realizou unha exposición do mesmo.
Desde o Concello do Rosal queremos agradecer a María a súa boa disposición e aos veciños pola súa participación e achega de novas ideas.