PRIMEIRA DAS REUNIÓNS MANTIDAS COA VECIÑANZA DE SAN XIÁN

Onte mantivemos unha reunión entre a Comunidade de Montes do Rosal, o equipo técnico redactor do proxecto encabezado pola arquitecta Maria Fandiño, a alcaldesa e os concelleiros responsables de área, co obxectivo de analizar o proxecto “A esplanada do Horizonte” gañador dos premios Galicia Parabéns 2019.
O vindeiro venres 21 ás 20.30 h., convócase á veciñanza na escola unitaria de San Xián para expoñer e recoller propostas acerca do proxecto. Deste xeito farase partícipe a todas e todos os veciños.
Despois achegarémonos ata a esplanada para visibilizado sobre o terreo.