O Concello do Rosal pon en marcha un proceso selectivo para a formación de bolsa de emprego para o posto de auxiliar administrativo. 

PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO PARA O POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO

O Concello do Rosal pon en marcha un proceso selectivo para a formación de bolsa de emprego para o posto de auxiliar administrativo que  permita cubrir as necesidades temporais de persoal que poidan xurdir aos efectos de garantir o bo funcionamento dos servizos administrativos. 

O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles a partir do día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

A presentación de solicitude realizarase, preferentemente, a través da Sede Electrónica do Concello, a través do trámite habilitado ao efecto, de xeito presencial na Oficina de de asistencia de materia de rexistros do concello en horario de 9:00 a 14:00h.