RECEPCIÓN EN O ROSAL AO CAMPIÓN GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO

O piloto de 17 anos, Gabriel Marcelli Carballido, vén de ser recibido o venres 22 de decembro no Concello do Rosal, tras colleitar multitude de éxitos no 2017
Campión de Cataluña, campión de España e Subcampión do Mundo son algúns dos títulos conseguidos polo deportista rosaleiro, que mesmo vén de ascender á máxima categoría do Trial Mundial (TR1).
Gabriel, que estivo acompañado polo seu pai José María, charlou amizosamente co alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, coa tenente de alcalde, Mª Carmen Alonso e mesmo co concelleiro de Deportes, Ángel Martínez Villa.
En nome de todos os veciños/as do Rosal, Marcelli foi agasallado cunha pequena praca de recoñecemento á súa fantástica tempada así como cun lote de produtos da terra para disfrutar nestas Festas. ¡Noraboa!