
19 Set 2018 RECOLLIDA CONTEDORES AMARELOS
A mediados do pasado mes de agosto a empresa que recollía o envase lixeiro (contedores amarelos) entrou en quebra financeira e deixou de prestar o servizo.
A partir dese momento o concello comezou a buscar outra empresa para continuar coa recollida, con todos os inconvenientes que supón no mes de agosto (altas temperaturas, vacacións laborais, aumento da poboación estival….).
Ata o día 6 de setembro non puidemos formalizar contrato coa nova empresa, que é a mesma que recolle papel-cartón, COREGAL.
Isto supuxo durante a 2ª quincena de agosto os contedores amarelos estivesen desbordados. A partir do día 10 está a tentarse axilizar a recollida, pero a dispersión dos 220 contedores e o descoñecemento da ruta dificulta o bo servizo aos veciños e veciñas. Esperamos que a partir desta semana todo funcione como viña sendo habitual.
Se algunha persoa ten preto do seu domicilio algún contedor que non fose recollido, por favor comuníqueo ao concello.
De igual maneira se no seu contedor está cheo ou desbordado solicitamos acudan ao máis próximo, non deixen os envases no chan.