REMATADO O CICLO DE PÍLDORAS INFORMATIVAS DO PROXECTO RUMBO AO EMPREGO

O mércores demos por rematado o ciclo de píldoras informativas do Proxecto Rumbo ao emprego posto en marcha polos concellos do Rosal e Oia no mes de abril.
Noemí Moya, con experiencia laboral de mais de 13 anos como informadora xuvenil no Concello de Vigo, puxo ao día ao público asistente en cuanto a recursos para mellorar a súa formación.
A alcaldesa do Rosal mostrou o seu interese e compromiso en continuar realizando iniciativas como esta, que polo de agora xa acadou dúas insercións directas e contamos con algunha mais de aquí ao remate das accións.