REPORTAXE III CARREIRA POPULAR “SAN SILVESTRE O ROSAL”

O pasado sábado 31 de decembro día de fin de ano celebrouse a terceira edición de xa popular San Silvestre O Rosal, concentrando a máis de cincocentas persoas nun aire festivo.

En primeiro lugar ás 11.00h saíron os participantes da andaina cun percorrido de 2,300 km e posteriormente á carreira de 5,100 km aproximadamente.
Á súa chegada todos os participantes poideron degustar un chocolate quente acompañado dun croissant todo isto patrocinado pola empresa MAS instalacións, mentres se celebraba o sorteo de numerosos agasallos cedidos polo comercio Rosaleiro.
Desde aquí agradecer ao comercio por implicarse un ano máis nesta celebración e todos os voluntarios que fixeron posible a boa acollida deste evento.