26 Xuñ 2019 REUNIÓN COA ASOCIACIÓN DE BODEGUEIROS DO ROSAL
Posted at 07:30h
in Sen categoría
Onte tivo lugar no concello unha reunión entre a alcaldesa e a asociación de bodegueiros do Rosal que forman parte da confraría de “Cabaqueiros do viño do Rosal” composta polas seguintes adegas:
Santiago Ruiz, Lagar de Fornelos, Quinta de Couselo, Pedregales, Aforado, Val Miñor, Gran Novás, Altos de Torona e Terras Gauda, todas pertencentes á Denominación de Orixe Rías baixas.
Nesta reunión, entre outros temas, falouse sobre as actividades que se desenvolverán na XXVIII Feira do Viño do Rosal que se celebrará os días 12, 13 e 14 de xullo.